|
Próxima parada: A Coruña
Mijail, Feodor e a Banda Crebinsky continúan de xira polo universo galego co seu espectáculo de pasarrúas, proxección e concerto. Este xoves 12 de agosto chegan á praza de Pablo Iglesias, na Coruña. A xira Universo Crebinsky non só está a chegar ás vilas e cidades de Galicia, senón tamén ás páxinas dos xornais, as ondas radiofónicas e as pantallas de televisión. A xira de Universo Crebinsky continuou o seu periplo cunha nova parada no norte do país. Desta volta foi en Ribadeo, dentro do festival de curtas OfestivalOn. |
|