XUÑO 1944

COÑECE TODO SOBRE

O DIRECTOR

Presentación do director de Crebinsky

Director
"CENTRADO NA
IMAXE E A MÚSICAHAI ANOS "
Enrique Otero

(A Coruña, 1971)

Comeza paralelamente no mundo da imaxe e no da música, ao rodar en 1992 a súa primeira curta "Coitelo", e gravar o seu primeiro disco "Nautilus" coa formación Kozmic Muffin, coa que permanece 8 anos de xiras, concertos e espectáculos parateatrais.

Combina o seu traballo en televisión e publicidade coa súa afección pola fotografía. Pero segue ligado ao son co seu estudo Control Z, onde se xuntan os seus dous mundos, ao sonorizar ficcións (De tripas e corazón, Minotauromaquia, A Flor máis grande do mundo) e compor bandas sonoras orixinais.

Comeza entón a vida dos irmáns Crebinsky, unha curtametraxe que en 2002 gaña o 7º festival A Fila de Valladolid. Dirixe, a partir de aí, outras curtametraxes como Parole (2005) finalista do Notodofilmfest de Canle +, A dúas velas (2006) e En Plan Galicia (2006), a videocreación Microfundismos e o documental Falan de nós.

Tras varios anos traballando, xunto a Miguel de Lira, sobre a idea de converter a curtametraxe Crebinsky nunha longa, nace a película co mesmo título que se fai realidade en 2010.

Segue activo no mundo da música a través da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (Ou.M.E.G.A), unha formación de música improvisada, e da Banda Crebinsky, creada a partir da composición da banda sonora orixinal da película, mentres traballa nos documental Inventarios, e o seu próximo proxecto de longametraxe Caixa Negra.

Pie de la web con todo el equipo artístico/técnico